mércores, 5 de abril de 2017

BELELLE, DE NOVO TODO BEN

Incluso pouco choveu, o día perfecto, so 3 participantes retirados dos 121 que tomaron a saída en Goente... e ollo que xa estamos a colgar as fotos no blog!! Agora a pensar nos 50km da Costa Artabra

Búscate nas fotos...

Participaches no XII Descenso do Belelle? Xa podes buscarte nas fotos!
http://belelleape.blogspot.com.es/p/fotos-2017.html

luns, 3 de abril de 2017

ESTIVECHES NO BELELLE? COMPARTE AS TÚAS IMPRESIÓNS!

Xa pasou o día e de seguro que estades a agardar pola galería de fotos, namentras as subimos podedes ler un breve resumo deste fermoso día en Radiofusión Fene.

Tamén temos este vídeo que envía Juan Seoane López, mesmo deulles tempo a facer o making-of...

Vése que a nosa Corrente de ideas tamén fomenta a creatividade. Se participaches, comparte os teus comentarios, fotos, vídeos, etc. sobre o Descenso do Belelle neste mesmo blog, por mail, ou en calquera das redes sociais nas que temos presenza en Twitter ou Facebook


venres, 31 de marzo de 2017

127 INSCRITOS, 26 FEDERADOS DE 7 CLUBES DE GALICIA

Cunha predición meteorolóxica favorable, os bocatas de ENPANES, a bebida cedida moita polo EROSKI-Neda, as laranxas recén chegadas de Alacante dos nosos amigos de Taronges de la Caseta, 3 buses de Autos Paco listos,  todo en firme.

A ver se desfrutamos dun día decente e o pasamos todos ben. Un percorrido pola beira do Belelle, ben o merece, cun pincho final do Concello de  Neda. Agardámosvos mañá!



martes, 28 de marzo de 2017

ANDAR UN RÍO ENTEIRO

Cantas veces podes dar o luxo de andar un río enteiro nun día, desde o seu nacedoiro ata que morre no  mar da ría de Ferrol 30 quilómetros máis abaixo?

video

O Descenso do Belelle é para nós a «Corrente de ideas» porque percorrer un río é percorrer unha vida enteira. Por unhas horas podes fuxir do tráfico, do ruído, das redes sociais e facer esta viaxe ao centro do noso corazón natural polos concellos de As Pontes, A Capela, Fene e Neda.

video


Quedan horas para pechar a inscrición, se aínda non o fixeches anímate, porque nunca esquecerás esta experiencia!

xoves, 23 de marzo de 2017

PENA LOBEIRA

Nada mais arrancar, o Fontardión (o mellor cara o leste, vemos os Ancares ainda nevados), e as configuración batolíticas de Pena Lobeira, O Val de As Pontes no fondo e todo o noroeste.
 




xoves, 16 de marzo de 2017

EXCESO DE SINALIZACON

Esta o GR55 (Betanzos - Teixido) que interfire un tramo con río na zona de Formariz, realmente empeza a estar un pouco "guarro " de pintura este tramo
 



MANUEL MEIZOSO O ALCALDE DA CAPELA

O atopamos revisando o estado do sendeiro no río na zona de Cabalar: Certifica que está perfecto (e é certo)


xoves, 9 de marzo de 2017

"CANAL" DO BELELLE

Esa empresa que se din galega, e que como moitas farda de "medioambientalismo" e que nos mete uns clavos nos recibos ainda inexplicados (no noso local nestes meses foi dun atraco, con alevosía, e sen nocturnidade pois o fan a luz do día e coa complicidade dos diferentes gobernos), faría un estudo de impacto ambiental do peche do Canle, que ainda non sabemos ben que pretende, aparte de converter nunha trampa mortal para os animais o propia canle, pero o que si é certo e que a vai posta é un auténtnico atentado visual nunha das fragas más autenticas da nosa bisbarra...pero ainda así o Belelle segue a ser un marco de impresión..o veredes!
 






 

martes, 7 de marzo de 2017

venres, 3 de marzo de 2017

EMPEZANDO A XII MARCHA DO 2017

Xa estamos lanzados a traballar na edición de este ano, a ver que sorpresas e novedades atopamos ademais de o tema o peche de FENOSA, o longo do canle

mércores, 24 de agosto de 2016

luns, 18 de abril de 2016

CARALLO SE CHOVEU!!!!

Pero o peor de todo, non foi que chovera o sábado, o peor foi o estupendo día que fixo o domingo!!!
Hai que ter mala sorte!!!

De todos xeitos, todo moi ben,  sen incidencias, pese a cantidade de auga que levaba o ría, e notouse o fin de Marcha, co cambio do Concello de Neda, coa presenza incluso do Alcalde Angel Alavirño e do Concelleiro de deportes Antonio Seijo.

Empezaremos en breve a colgar fotos, e a traballar para a marcha de 50kms da Costa Artabra









venres, 15 de abril de 2016

xoves, 14 de abril de 2016

TODO LISTO

BOCATAS ENCARGADOS,
BEBIDA COMPRADA
AS LARANXAS DOS NOSOS AMIGOS DA "BUENA NARANJA" DO PEDREGUER
OS BUSES PEDIDOS
UNS POUCOS MENOS QUE O ANO PASADO E.....

¿QUE TEMPO FARA??????

martes, 12 de abril de 2016

LEVAMOS BO RITMO..AMPLIAMOS A MAÑA O PLAZO DE INSCRICION

 Non estamos tendo moito agobio, así que hoxe e maña seguiremos inscribindo a todos aqueles que queran vir a camiñar un día impresionante.

A terrible borrasca, Ortrum,  que ia a entran en principio non se deixa ver moito.

Agardamos que o sábado sen ser un día de verán, vainos deixar facer e camiñar.

E lembrade, que de cada inscrición 1€ vaia adicado a fundación SOSHIMALAY, para paliar os efectos do terremoto do Nepal do ano pasado, dentro da campaña que lanzamos adiante os clubes de montaña de toda Galicia

martes, 5 de abril de 2016

LANZAMOS A XI EDICION

 Xa estamos en marcha para dar saída a XI edición. Estamos a revisar todo o percorrido, para ter una edición memorable.

Casi seguro que a Fervenza estará a tope!!

Boletin inscripción en Excel

domingo, 12 de abril de 2015

¿TODO O MUNDO CONTENTO? NOS, MOITO!!!

 Por primeira vez, so faltaron 3 inscritos a saída, que sepamos abandonaron 2 camiñantes. O día radiante, o terreno seco...que mais se pode pedir!!!
 Empezaremos a colgar fotos en breve, se alguen as sube a reede , que nos pase o enlace para poñelo tamén eiqui
Gracias a tod@s por participar. E a EROSKI-NEDA, por todo o apoio que nos da.

xoves, 9 de abril de 2015

PECHADO O PRAZO DE INSCRIPCION

Ainda con Seman Santa polo medio, os amantes do camiñar por sitios bonitos se foron animando.

Pero pechamos xa o prazo excepto para soci@s federad@s

ARREGLO NO CAMIÑO:

antes:
 
despois: 
 

 
e ainda así xa se vera se non acaba algún no río!!!!



xoves, 2 de abril de 2015

O MARTES DIA 7 ABRIMOS

Como o lunes é festivo en Ferrol, por ser Chamorro, decidimos tamén abrir o martes para que os que ainda non o fixeran podan pasar polo clube.

Lembrar que o mercores e o derradeiro día de inscripción, depois de ese día, so o faremos @s soci@s federados

venres, 20 de marzo de 2015

XA EMPEZAMOS




Todos este dias estivemos, revisando a sinalización, na practica se podía facer sen problema, pero sempre queremos asegurarnos.


Hai un par de sitios que o millor facendo algún desvío, e temos que ir mirar unha zona que o río se está a levar e non nos convence moito....


Pero o luns escomenzamos a inscribir.









xoves, 10 de abril de 2014

ESTE ANO...VIDEO

Ó noso compañeiro Oscar, seguro que o vichedes saltando correndo, trepando e ate metendose no rio...eso deu de si o video que temos colgado 

DENTRO VIDEO

mércores, 9 de abril de 2014

POIS XA PASOU...

POIS REMATAMOS ESTE ANO ( E SIN MOLLARNOS), POUCO A POUCO IREMOS COLGANDO AS FOTOS NO BLOG, TEMOS PERTO DE 500, E A VER SI COLGAMOS TAMÉN UN VIDEO. SE TEDES IDEAS  CONTADEAS. AGOA XA EMPEZAMOS A TRABALLAR NOS 50 DE FERROL (http://costaartabra50kmsferrol.blogspot.com.es/)

mércores, 2 de abril de 2014

POIS 160...

NON ESTÁ MAL.... SOBRE TODO TENDO EN CONTA QUE..¿NOS VICHEDES NOS MEDIOS DE COMUNICACION?

DENDE HAI UNHA TEMPORADA, POR MOTIVOS DESCOÑECIDOS, NA PRACTICA NON APARECEMOS OU APARECEMOS POUCO, NOS MEDIOS.

SENDO UNHA ENTIDADE MOVENDO UNHA GRANDE CANTIDADE DEPORTISTAS (NON MIRONES COMO NOUTROS DEPORTES), POIS NON TEMOS ESPACIO.

UNHA COMPAÑEIRA QUEDA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA, PERO NON IMPORTA, .... E MAIS IMPORTANTE UNHA LUXACION NA ORELLA DE UN XOGADOR DE FUTBOL.

COUSAS.....NOS Ó NOSO O SABADO: ¿PARAGUAS?

luns, 31 de marzo de 2014

PECHAMOS A INSCRIPCION

TAL COMO DECIAMOS, O LUNS PECHABAMOS A INSCRIPCIÓN QUEDANDO ABERTA SO PARA SOCIOS, ESTAMOS NA CANTIDADE DE CAMIÑANTES QUE ESTIMÁBAMOS, E XA TEMOS CASE TODO PREPARADO PARA O SABADO...ESO SI LEVADE PARAGUAS!

sábado, 29 de marzo de 2014

XA CASI ....

O luns pechamos a inscripción para non socios, pechamos está seman con mais de 100, asi que nos situaremos, na cantidade de camiñantes do ano pasado.
A grande pregunta é...¿que tempo fará?????
Estade atentos durante a seman a ver si hai que levar paraguas ou non....

xoves, 20 de marzo de 2014

TODO LISTO


                        Pois xa está todo marcado, onte chegamos ó Eroski, dende donde temos previsto sair, agora so hai que agardar que o tempo daquela este ben, e disfrutar do rio

martes, 18 de marzo de 2014

QUEDAN 4 KMS POR MARCAR

Xa está ate o colexio de Manciñeira, parece que van a entrar as choivas en breve, pero o traballo xa case está feito

venres, 14 de marzo de 2014

XA ESTA TODO LANZADO...

Xa levamos, unha tunda maratoniana de marcado, deben de ir uns 23 kms, queda a parte mais cercana.
A sorpresa vai a ser para moitos nesa canle donde moita xente, digamos...lle impresiona, sobre todo o rebosadeiro final. Barandillas e escaleira, fan o camiño moito mais seguro

xoves, 13 de marzo de 2014

ESTAMOS EXPLORANDO NOVOS SOPORTES SINALETICOS

 Todo o que vamos atopando polo monte...incluso o que os lobos nos deixan, pois tamén vale!

venres, 20 de abril de 2012

AGRADECIMIENTO A EROSKI

Cando as Administracións públicas non entenden que non te axudan a ti, sino que ti lles estás a axudar a eles, e que é a súa obriga facelo, ou no seu caso dar explicacións, e ainda asi non o fan, é que hai politicos que non teñen claro que a política é sevir o cidadan.
Cando isto falla e a iniciativa privada te apoia, non podes mais que agradecer ese apoio a aqueles que non teñen a obriga de facelo, neste caso EROSKI -NEDA, polas augas e pola instalación.
Para o ano que ven estabamos valorando diversas opcións se se mantén a falla de apoio, pero si EROSKI-NEDA sigue a facelo como este ano, seguro que o mantemos no formato actual

domingo, 15 de abril de 2012

xoves, 5 de abril de 2012

LUME NO EUME!!!!

Salvamonos polos pelos. A zona mais alta do noso percorrido, Fontardión e o novo tramo de Pena Lobeira, non chegaron a ser tocadas polo lume.
De todos xeitos dende estes lugares veredes parte do que tristemente ardeu.
O sábado ali estaremos

venres, 16 de marzo de 2012

PENA LOBEIRA

NON TODAS AS NOVAS VAN A SER NEGATIVAS.


O CONCELLO DA CAPELA, LIMPIOUNOS A SUBIDA A PENA LOBEIRA  A 3KMS DA SAIDA, E UN MIRADOR DE IMPRESION DE TODO O NOROESTE.


 TIÑAMOSLLE BOTADO O OLLO DENDE HAI TEMPO, E ESTE ANO GRACIAS Ó COMPROMISO DO NOVO ALCADE E CONCELLEIROS, QUEDOUNOS UN TRAMO QUE NON DEFRAUDARÁ