mércores, 18 de abril de 2018

OLLO AOS PASAMÁNS

O malo destas instalacións feitas pola administración é que unha vez feitas non se manteñen, así que ollo!!



IMPRESIONANTE O RIO

 Ainda estivemos onte pola zona, augas claras..moita auga, camiños secos.. este ano ¿triunfaremos?

martes, 17 de abril de 2018

EN VISTA DO BO TEMPO...AMPLIAMOS A INSCRICIÓN


ESTE ANO HAI QUE GOZAR O BELELLE A PÉ!!!
O río Belelle baixa cheo de auga, a Fervenza está esplendorosa, os sendeiros co terreo seco tal e como vai esta semana, e as predicións meteorolóxicas dan bo tempo para o sábado... que máis podemos pedir!
Superamos as 100 inscricións pero ampliamos o prazo até o mercores 18 aínda estás en tempo!

domingo, 15 de abril de 2018

Enrólate na aventura do Belelle a pé

Así estaba o Belelle o sábado na súa desembocadura na ría de Ferrol. Este ano incluimos o enlace co paseo polas marismas e a pasarela peonil para achegarnos a San Nicolás de Neda. Que mellor final para este magnífico roteiro que percorre un río enteiro ao longo de case 30 quilómetros desde os seus nacentes na Serra do Forgoselo.

Estamos nos últimos días de inscrición, se queres unirte non o penses moito máis e enrólate con nós nesta aventura! formulario de inscrición

xoves, 12 de abril de 2018

BELELLE, CORRENTE DE IDEAS

Cando bautizamos o noso Descenso do Belelle como "Corrente de Ideas" é por cousas como esta. Grazas! 💚
"O outro día fixemos o último tramo cos alumnos do IES Castro da Uz e fixemos este 🎥 vídeo que nos quedou chulo. Espero que vos guste y si queredes difundilo non hai problema. Un saudo e grazas polo voso traballo"

Belelle a vista de paxaro

Que sucede cando mesturas datos GPS da actividade humana con datos GIS nunha visualización 3D? @davidcouce danos a resposta. Apaixoante seguir os 30 km do noso descenso do Belelle... a que dan ganas! pois ide entrenando para o 21 de abril 😉

Por que hai que vir ao Descenso do Belelle?

Recordos do Descenso do Belelle

Sempre temos un detalle/agasallo cos camiñantes que participades no Descenso do río Belelle. Últimamente temos moito éxito cos antiestrés de gomaescuma para apertar coa man e "liberar tensións". Algún ano tamén caeu un premonitorio paraugas que tamén foi ben recibido e que aínda vemos de cando en vez por aí...
Pero sen dúbida os parches téxtiles, decorados sempre con elementos do río Belelle como a Fervenza ou os muíños, son un dos recordos máis lembrados e poñibles en mochilas, prendas de vestir, e nos sitios máis insospeitados...

E ti onde tes estes parches? mándanos unha foto ou compártea con nós en facebook/twitter/instagram citando @cmferrol

martes, 10 de abril de 2018

A FERVENZA, ESPLENDOROSA

Con todo o que choveu estes días a Fervenza do río Belelle amosa toda a súa grandeza natural como podedes ver nestes vídeos que gravou hoxe o noso compañeiro Emilio.
O salto da Fervenza, de 45 metros de altura, é unha das grandes atraccións naturais da nosa comarca, compartida polos concellos de Neda e Fene.
Para nós é un punto especialmente emocionante no percorrido do Descenso do Belelle, pois acadando case os 25 km de andaina ás costas, o paso pola Fervenza entre Viladonelle e Marraxón, presaxia a cercanía do final do roteiro na vila de Neda.

Se aínda non o fixeches, inscríbete no XIII Descenso do Belelle e comparte esta información nas túas redes sociais.

mércores, 4 de abril de 2018

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA

Este ano, auga non vai faltar. Aínda non puidemos ir un so día a revisar o camiño.

É posible que se fora todo o camiño até a desembocadura?  Xa veremos!!

Temos programado un cambio no final, para aproveitar a pasarela sobre a ría e a ponte dos Subarrieiros.

E cabe a posibilidade que..sexa o penúltimo ano!!!

mércores, 5 de abril de 2017

BELELLE, DE NOVO TODO BEN

Incluso pouco choveu, o día perfecto, so 3 participantes retirados dos 121 que tomaron a saída en Goente... e ollo que xa estamos a colgar as fotos no blog!! Agora a pensar nos 50km da Costa Artabra

Búscate nas fotos...

Participaches no XII Descenso do Belelle? Xa podes buscarte nas fotos!
http://belelleape.blogspot.com.es/p/fotos-2017.html

luns, 3 de abril de 2017

ESTIVECHES NO BELELLE? COMPARTE AS TÚAS IMPRESIÓNS!

Xa pasou o día e de seguro que estades a agardar pola galería de fotos, namentras as subimos podedes ler un breve resumo deste fermoso día en Radiofusión Fene.

Tamén temos este vídeo que envía Juan Seoane López, mesmo deulles tempo a facer o making-of...

Vése que a nosa Corrente de ideas tamén fomenta a creatividade. Se participaches, comparte os teus comentarios, fotos, vídeos, etc. sobre o Descenso do Belelle neste mesmo blog, por mail, ou en calquera das redes sociais nas que temos presenza en Twitter ou Facebook


venres, 31 de marzo de 2017

127 INSCRITOS, 26 FEDERADOS DE 7 CLUBES DE GALICIA

Cunha predición meteorolóxica favorable, os bocatas de ENPANES, a bebida cedida moita polo EROSKI-Neda, as laranxas recén chegadas de Alacante dos nosos amigos de Taronges de la Caseta, 3 buses de Autos Paco listos,  todo en firme.

A ver se desfrutamos dun día decente e o pasamos todos ben. Un percorrido pola beira do Belelle, ben o merece, cun pincho final do Concello de  Neda. Agardámosvos mañá!



martes, 28 de marzo de 2017

ANDAR UN RÍO ENTEIRO

Cantas veces podes dar o luxo de andar un río enteiro nun día, desde o seu nacedoiro ata que morre no  mar da ría de Ferrol 30 quilómetros máis abaixo?


O Descenso do Belelle é para nós a «Corrente de ideas» porque percorrer un río é percorrer unha vida enteira. Por unhas horas podes fuxir do tráfico, do ruído, das redes sociais e facer esta viaxe ao centro do noso corazón natural polos concellos de As Pontes, A Capela, Fene e Neda.



Quedan horas para pechar a inscrición, se aínda non o fixeches anímate, porque nunca esquecerás esta experiencia!

xoves, 23 de marzo de 2017

PENA LOBEIRA

Nada mais arrancar, o Fontardión (o mellor cara o leste, vemos os Ancares ainda nevados), e as configuración batolíticas de Pena Lobeira, O Val de As Pontes no fondo e todo o noroeste.
 




xoves, 16 de marzo de 2017

EXCESO DE SINALIZACON

Esta o GR55 (Betanzos - Teixido) que interfire un tramo con río na zona de Formariz, realmente empeza a estar un pouco "guarro " de pintura este tramo
 



MANUEL MEIZOSO O ALCALDE DA CAPELA

O atopamos revisando o estado do sendeiro no río na zona de Cabalar: Certifica que está perfecto (e é certo)


xoves, 9 de marzo de 2017

"CANAL" DO BELELLE

Esa empresa que se din galega, e que como moitas farda de "medioambientalismo" e que nos mete uns clavos nos recibos ainda inexplicados (no noso local nestes meses foi dun atraco, con alevosía, e sen nocturnidade pois o fan a luz do día e coa complicidade dos diferentes gobernos), faría un estudo de impacto ambiental do peche do Canle, que ainda non sabemos ben que pretende, aparte de converter nunha trampa mortal para os animais o propia canle, pero o que si é certo e que a vai posta é un auténtnico atentado visual nunha das fragas más autenticas da nosa bisbarra...pero ainda así o Belelle segue a ser un marco de impresión..o veredes!
 






 

martes, 7 de marzo de 2017

mércores, 24 de agosto de 2016

luns, 18 de abril de 2016

CARALLO SE CHOVEU!!!!

Pero o peor de todo, non foi que chovera o sábado, o peor foi o estupendo día que fixo o domingo!!!
Hai que ter mala sorte!!!

De todos xeitos, todo moi ben,  sen incidencias, pese a cantidade de auga que levaba o ría, e notouse o fin de Marcha, co cambio do Concello de Neda, coa presenza incluso do Alcalde Angel Alavirño e do Concelleiro de deportes Antonio Seijo.

Empezaremos en breve a colgar fotos, e a traballar para a marcha de 50kms da Costa Artabra









venres, 15 de abril de 2016

martes, 12 de abril de 2016

LEVAMOS BO RITMO..AMPLIAMOS A MAÑA O PLAZO DE INSCRICION

 Non estamos tendo moito agobio, así que hoxe e maña seguiremos inscribindo a todos aqueles que queran vir a camiñar un día impresionante.

A terrible borrasca, Ortrum,  que ia a entran en principio non se deixa ver moito.

Agardamos que o sábado sen ser un día de verán, vainos deixar facer e camiñar.

E lembrade, que de cada inscrición 1€ vaia adicado a fundación SOSHIMALAY, para paliar os efectos do terremoto do Nepal do ano pasado, dentro da campaña que lanzamos adiante os clubes de montaña de toda Galicia

martes, 5 de abril de 2016

LANZAMOS A XI EDICION

 Xa estamos en marcha para dar saída a XI edición. Estamos a revisar todo o percorrido, para ter una edición memorable.

Casi seguro que a Fervenza estará a tope!!

Boletin inscripción en Excel

domingo, 12 de abril de 2015

¿TODO O MUNDO CONTENTO? NOS, MOITO!!!

 Por primeira vez, so faltaron 3 inscritos a saída, que sepamos abandonaron 2 camiñantes. O día radiante, o terreno seco...que mais se pode pedir!!!
 Empezaremos a colgar fotos en breve, se alguen as sube a reede , que nos pase o enlace para poñelo tamén eiqui
Gracias a tod@s por participar. E a EROSKI-NEDA, por todo o apoio que nos da.

xoves, 9 de abril de 2015

PECHADO O PRAZO DE INSCRIPCION

Ainda con Seman Santa polo medio, os amantes do camiñar por sitios bonitos se foron animando.

Pero pechamos xa o prazo excepto para soci@s federad@s

ARREGLO NO CAMIÑO:

antes:
 
despois: 
 

 
e ainda así xa se vera se non acaba algún no río!!!!



venres, 20 de marzo de 2015

XA EMPEZAMOS




Todos este dias estivemos, revisando a sinalización, na practica se podía facer sen problema, pero sempre queremos asegurarnos.


Hai un par de sitios que o millor facendo algún desvío, e temos que ir mirar unha zona que o río se está a levar e non nos convence moito....


Pero o luns escomenzamos a inscribir.





 

xoves, 10 de abril de 2014

ESTE ANO...VIDEO

Ó noso compañeiro Oscar, seguro que o vichedes saltando correndo, trepando e ate metendose no rio...eso deu de si o video que temos colgado 

DENTRO VIDEO

mércores, 9 de abril de 2014

POIS XA PASOU...

POIS REMATAMOS ESTE ANO ( E SIN MOLLARNOS), POUCO A POUCO IREMOS COLGANDO AS FOTOS NO BLOG, TEMOS PERTO DE 500, E A VER SI COLGAMOS TAMÉN UN VIDEO. SE TEDES IDEAS  CONTADEAS. AGOA XA EMPEZAMOS A TRABALLAR NOS 50 DE FERROL (http://costaartabra50kmsferrol.blogspot.com.es/)

xoves, 20 de marzo de 2014

TODO LISTO


                        Pois xa está todo marcado, onte chegamos ó Eroski, dende donde temos previsto sair, agora so hai que agardar que o tempo daquela este ben, e disfrutar do rio

venres, 14 de marzo de 2014

XA ESTA TODO LANZADO...

Xa levamos, unha tunda maratoniana de marcado, deben de ir uns 23 kms, queda a parte mais cercana.
A sorpresa vai a ser para moitos nesa canle donde moita xente, digamos...lle impresiona, sobre todo o rebosadeiro final. Barandillas e escaleira, fan o camiño moito mais seguro

xoves, 13 de marzo de 2014

ESTAMOS EXPLORANDO NOVOS SOPORTES SINALETICOS

 Todo o que vamos atopando polo monte...incluso o que os lobos nos deixan, pois tamén vale!