Cunha predición meteorolóxica favorable, os bocatas de ENPANES, a bebida cedida moita polo EROSKI-Neda, as laranxas recén chegadas de Alacante dos nosos amigos de Taronges de la Caseta, 3 buses de Autos Paco listos, todo en firme.
A ver se desfrutamos dun día decente e o pasamos todos ben. Un
percorrido pola beira do Belelle, ben o merece, cun pincho final do
Concello de Neda. Agardámosvos mañá!
DERRADEIRA EDICIÓN, SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022 30KM A PÉ 💚 CLUB DE MONTAÑA FERROL
venres, 31 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
ANDAR UN RÍO ENTEIRO
O Descenso do Belelle é para nós a «Corrente de ideas» porque percorrer un río é percorrer unha vida enteira. Por unhas horas podes fuxir do tráfico, do ruído, das redes sociais e facer esta viaxe ao centro do noso corazón natural polos concellos de As Pontes, A Capela, Fene e Neda.
Quedan horas para pechar a inscrición, se aínda non o fixeches anímate, porque nunca esquecerás esta experiencia!
xoves, 23 de marzo de 2017
PENA LOBEIRA
Nada mais arrancar, o Fontardión (o mellor cara o leste, vemos os Ancares ainda nevados), e as configuración batolíticas de Pena Lobeira, O Val de As Pontes no fondo e todo o noroeste.
xoves, 16 de marzo de 2017
EXCESO DE SINALIZACON
Esta o GR55 (Betanzos - Teixido) que interfire un tramo con río na zona de Formariz, realmente empeza a estar un pouco "guarro " de pintura este tramo
MANUEL MEIZOSO O ALCALDE DA CAPELA
O atopamos revisando o estado do sendeiro no río na zona de Cabalar: Certifica que está perfecto (e é certo)
xoves, 9 de marzo de 2017
"CANAL" DO BELELLE
Esa empresa que se din galega, e que como moitas farda de "medioambientalismo" e que nos mete uns clavos nos recibos ainda inexplicados (no noso local nestes meses foi dun atraco, con alevosía, e sen nocturnidade pois o fan a luz do día e coa complicidade dos diferentes gobernos), faría un estudo de impacto ambiental do peche do Canle, que ainda non sabemos ben que pretende, aparte de converter nunha trampa mortal para os animais o propia canle, pero o que si é certo e que a vai posta é un auténtnico atentado visual nunha das fragas más autenticas da nosa bisbarra...pero ainda así o Belelle segue a ser un marco de impresión..o veredes!