venres, 20 de abril de 2012

AGRADECIMIENTO A EROSKI

Cando as Administracións públicas non entenden que non te axudan a ti, sino que ti lles estás a axudar a eles, e que é a súa obriga facelo, ou no seu caso dar explicacións, e ainda asi non o fan, é que hai politicos que non teñen claro que a política é sevir o cidadan.
Cando isto falla e a iniciativa privada te apoia, non podes mais que agradecer ese apoio a aqueles que non teñen a obriga de facelo, neste caso EROSKI -NEDA, polas augas e pola instalación.
Para o ano que ven estabamos valorando diversas opcións se se mantén a falla de apoio, pero si EROSKI-NEDA sigue a facelo como este ano, seguro que o mantemos no formato actual

xoves, 5 de abril de 2012

LUME NO EUME!!!!

Salvamonos polos pelos. A zona mais alta do noso percorrido, Fontardión e o novo tramo de Pena Lobeira, non chegaron a ser tocadas polo lume.
De todos xeitos dende estes lugares veredes parte do que tristemente ardeu.
O sábado ali estaremos

venres, 16 de marzo de 2012

PENA LOBEIRA

NON TODAS AS NOVAS VAN A SER NEGATIVAS.


O CONCELLO DA CAPELA, LIMPIOUNOS A SUBIDA A PENA LOBEIRA  A 3KMS DA SAIDA, E UN MIRADOR DE IMPRESION DE TODO O NOROESTE.


 TIÑAMOSLLE BOTADO O OLLO DENDE HAI TEMPO, E ESTE ANO GRACIAS Ó COMPROMISO DO NOVO ALCADE E CONCELLEIROS, QUEDOUNOS UN TRAMO QUE NON DEFRAUDARÁ

martes, 6 de marzo de 2012

martes, 21 de febreiro de 2012

NOVIDADES 2012

Por exemplo, este ano sairemos do parking cuberto do Eroski, ademais nos queda ó pe dos buses.


Outra, hai un tramo do camiño despois de Formariz que había que subir e sempre estaba esbaradizo...pois dende hoxe, xa non..vaise pola beira do río (toda unha tarde de fouciña!!!!)