DERRADEIRA EDICIÓN, SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022 30KM A PÉ 💚 CLUB DE MONTAÑA FERROL
martes, 8 de maio de 2018
mércores, 25 de abril de 2018
ASI FALANDO COA XENTE .....
luns, 23 de abril de 2018
XENTE DE POUCA FE!!! NON SEMPRE CHOVE NO BELELLE!!!
O 2018, pasará a historia como ó mellor día dos 13 que levamos con esta marcha.
Notouse na chegada, que se acelerou todo dun xeito, increíble, cecais algo de temperatura de mais, ceos despexados, auga no río.. moita, firme en bo estado.
Grazas a todos por camiñar connosco un ano máis (ollo quedan 2!!) e nestes links podes ver as fotos: fotos 2018 (I) e fotos 2018 (II)

mércores, 18 de abril de 2018
OLLO AOS PASAMÁNS
O malo destas instalacións feitas pola administración é que unha vez feitas non se manteñen, así que ollo!!
martes, 17 de abril de 2018
EN VISTA DO BO TEMPO...AMPLIAMOS A INSCRICIÓN
ESTE ANO HAI QUE GOZAR O BELELLE A PÉ!!!
O río Belelle baixa cheo de auga, a Fervenza está esplendorosa, os sendeiros co terreo seco tal e como vai esta semana, e as predicións meteorolóxicas dan bo tempo para o sábado... que máis podemos pedir!
Superamos as 100 inscricións pero ampliamos o prazo até o mercores 18 aínda estás en tempo!
domingo, 15 de abril de 2018
ENRÓLATE NA AVENTURA DO BELELLE A PÉ
Así estaba o Belelle o sábado na súa desembocadura na ría de Ferrol. Este ano incluimos o enlace co paseo polas marismas e a pasarela peonil para achegarnos a San Nicolás de Neda. Que mellor final para este magnífico roteiro que percorre un río enteiro ao longo de case 30 quilómetros desde os seus nacentes na Serra do Forgoselo.
Estamos nos últimos días de inscrición, se queres unirte non o penses moito máis e enrólate con nós nesta aventura! formulario de inscrición
Estamos nos últimos días de inscrición, se queres unirte non o penses moito máis e enrólate con nós nesta aventura! formulario de inscrición
xoves, 12 de abril de 2018
BELELLE, CORRENTE DE IDEAS
Cando bautizamos o noso Descenso do Belelle como "Corrente de Ideas" é por cousas como esta. Grazas! 💚
"O outro día fixemos o último tramo cos alumnos do IES Castro da Uz e fixemos este 🎥 vídeo que nos quedou chulo. Espero que vos guste y si queredes difundilo non hai problema. Un saudo e grazas polo voso traballo"
BELELLE A VISTA DE PAXARO
Que sucede cando mesturas datos GPS da actividade humana con datos GIS nunha visualización 3D? @davidcouce danos a resposta. Apaixoante seguir os 30 km do noso descenso do Belelle... a que dan ganas! pois ide entrenando para o 21 de abril 😉
Recordos do Descenso do Belelle
Sempre temos un detalle/agasallo cos camiñantes que participades no Descenso do río Belelle. Últimamente temos moito éxito cos antiestrés de gomaescuma para apertar coa man e "liberar tensións". Algún ano tamén caeu un premonitorio paraugas que tamén foi ben recibido e que aínda vemos de cando en vez por aí...
Pero sen dúbida os parches téxtiles, decorados sempre con elementos do río Belelle como a Fervenza ou os muíños, son un dos recordos máis lembrados e poñibles en mochilas, prendas de vestir, e nos sitios máis insospeitados...
E ti onde tes estes parches? mándanos unha foto ou compártea con nós en facebook/twitter/instagram citando @cmferrol

martes, 10 de abril de 2018
A FERVENZA, ESPLENDOROSA
Con todo o que choveu estes días a Fervenza do río Belelle amosa toda a súa grandeza natural como podedes ver nestes vídeos que gravou hoxe o noso compañeiro Emilio.
O salto da Fervenza, de 45 metros de altura, é unha das grandes atraccións naturais da nosa comarca, compartida polos concellos de Neda e Fene.
Para nós é un punto especialmente emocionante no percorrido do Descenso do Belelle, pois acadando case os 25 km de andaina ás costas, o paso pola Fervenza entre Viladonelle e Marraxón, presaxia a cercanía do final do roteiro na vila de Neda.
Se aínda non o fixeches, inscríbete no XIII Descenso do Belelle e comparte esta información nas túas redes sociais.
Se aínda non o fixeches, inscríbete no XIII Descenso do Belelle e comparte esta información nas túas redes sociais.
mércores, 4 de abril de 2018
COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA
Este ano, auga non vai faltar. Aínda non puidemos ir un so día a revisar o camiño.
É posible que se fora todo o camiño até a desembocadura? Xa veremos!!
Temos programado un cambio no final, para aproveitar a pasarela sobre a ría e a ponte dos Subarrieiros.
E cabe a posibilidade que..sexa o penúltimo ano!!!