Son catro os concellos que andaremos: As Pontes, A Capela, Fene e Neda. Desde logo non é a andaina máis dura -tampouco a máis doada-, pero a beleza das paisaxes que atravesaremos, a meirande parte das veces dándolle ás costas ao avance da "civilización" pagan moito a pena, con recunchos pouco coñecidos e inesquecibles...
Tes até o 1 de abril para inscribirte. É moi importante que cumprades todos os requisitos de datos e documentación para tomar parte da andaina, por mor da xestión de seguros, avituallamentos, etc.
Tede en conta que esta será a penúltima ocasión para desfrutar deste roteiro que abrimos en 2006. Está decidido pechar esta etapa como fixemos tamén cos míticos 50km Ferrol-Teixido a pé, trala celebración de XV edicións.
Así que xa estades avisad@s! ...correde a voz e a inscribirse!